O día 27 de Novembro 2009 procedeuse por parte do Excmo. Sr. D. Alberto Nuñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia, á imposición da Medalla de Ouro do Círculo de Empresarios de Galicia - Club Financeiro Vigo ao noso Presidente D. José Pereira Alvarez. Coa presenza dun gran número de autoridades estatais, autonómicas, provinciais e locais, representantes de diversas asociacións públicas e privadas, un extenso grupo de profesionais da sociedade galega, amigos, e como non podería ser doutra forma, rodeado da súa familia. No acto de imposición da Medalla interviñeron, por esta orde: D. Jaime Borras Presidente do Club Financeiro Vigo Excma. Sra. Dª Elena Espiñenta Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño Excmo. Sr. Abel Caballero Alcalde de Vigo Excmo. Sr. D. Alberto Feijoo Presidente da Xunta de Galicia Os intervinientes destacaron o labor profesional e humana de D. José Pereira ao longo da súa vida, destacando as cualidades do que hoxe en día se denominaría un emprendedor. Un home entrañable forxado así mesmo, que a base de tesón no seu traballo, creo e desenrrolo de este Grupo Empresarial. Posteriormente D. José Pereira Alvarez, agradeceu en primeiro lugar a concesión desta medalla de ouro, sinalando que a el só lle correspondia un anaquiño da mesma, xa que o resto pertencía tamén aos excelentes profesionais que tivo e que ten este sector. Fixo a continuación, un recordatorio ás persoas que non están connosco pero que foron parte importante deste proxecto empresarial. Agradeceu tamén a outro grupo de persoas, entre as que incluía a todos os profesionais que traballaron e traballan nas empresas do Grupo e a súa importante achega ao desenvolvemento do mesmo. Finalmente deu emotivas grazas á súa familia por estar sempre ao seu lado.