Historia

FUNDADA por José Pereira Álvarez comeza a súa actividade no mundo da pesca en 1955 con embarcacións artesanais que faenaban principalmente no Atlántico Norte, na zona denominada como Gran Sol. O primeiro barco ten o nome de Pelícano onde navegaban homes de ferro en cascos de madeira.

NUNHA SEGUNDA ETAPA ,pásase a embarcacións de medio porte e coa innovación da conxelación a bordo, o cal facilita a conservación e mellora a calidade dos produtos. Os buques faenaban principalmente nos caladoiros de Marrocos e Mauritania.

NUNHA TERCEIRA ETAPA prodúcese unha renovación completa da flota e incorpóranse modernas tecnoloxías aplicadas ao ámbito pesqueiro. Neste momento establécense acordos de pesca con terceiros países e créanse empresas mixtas con socios locais. Os buques faenaban principalmente nos caladoiros de Namibia, Senegal e Illas Malvinas.

HOXE EN DÍA,o grupo de empresas está integrado verticalmente, cubrindo todas as áreas da cadea alimentaria, desde a pesca, elaboración, comercialización e distribución. Os buques faenaban principalmente nos caladoiros do Océano Atlántico en países como Mauritania, Senegal, Namibia, Sudáfrica e Illas Malvinas. A frota creceu e suca os mares do mundo pero segue prevalecendo o mesmo espírito de compromiso co medioambiente e unha filosofía de respecto ao mar.

Pelicano